Os concelleiros Gustavo Díaz e Silvia Colmenero participaron na Ruta das Chousas, un percorrido circular pola parroquia de O Veral, na contorna do río Mera

Os concelleiros Gustavo Díaz e Silvia Colmenero participaron na Ruta das Chousas, un percorrido circular pola parroquia de O Veral, na contorna do río Mera

Sábado, 22 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os concelleiros Gustavo Díaz e Silvia Colmenero participaron na Ruta das Chousas, un percorrido circular pola parroquia de O Veral, na contorna do río Mera

Lugo, agosto de 2026.- O programa “Sendas para a desconexión”, impulsado polo Concello de Lugo, continúa achegando á cidadanía a posibilidade de coñecer o patrimonio natural e cultural do municipio a través de 23 paseos guiados e gratuítos programados durante os meses de agosto e setembro.

Dentro desta programación, os concelleiros Gustavo Díaz, responsable de Política Social, Maiores e Migración, e Silvia Colmenero, responsable de Industria e Mercados, participaron na Ruta das Chousas, un percorrido pola parroquia de O Veral.

Trátase dunha senda de trazado circular, cunha duración estimada de dúas horas, que discorre pola contorna do río Mera, dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

A iniciativa permite coñecer diferentes espazos do municipio a través de percorridos guiados, combinando a actividade ao aire libre co descubrimento do patrimonio natural e cultural de Lugo.

A participación nestas rutas é gratuíta e non é necesario realizar inscrición previa.

A vindeira ruta, o 29 de agosto

A programación continuará o próximo 29 de agosto coa ruta “O Vello Lugo Agrario”, que terá como punto de saída Santalla de Bóveda.

Con esta iniciativa, o Concello ofrece 23 oportunidades para descubrir Lugo doutro xeito, camiñando polos seus espazos naturais e coñecendo o patrimonio do municipio.

Multimedia

  • Os concelleiros Gustavo Díaz e Silvia Colmenero participaron na Ruta das Chousas, un percorrido circular pola parroquia de O Veral, na contorna do río Mera

Noticias relacionadas