O Concello de Lugo homenaxeará a Alexandre Bóveda no aniversario do seu asasinato

Venres, 14 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un ano máis, o Concello de Lugo renderá homenaxe á figura de Alexandre Bóveda, lembrando o seu compromiso con Galicia e coa defensa das liberdades e, no seu nome, a todas as persoas represaliadas pola ditadura.

O acto terá lugar o 17 de agosto, ás 12:00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, e está aberto a toda a cidadanía.

O Concello anima aos lucenses a participar neste acto e a acompañar esta homenaxe, contribuíndo a manter viva a memoria de Alexandre Bóveda e de todas as persoas que sufriron a represión pola defensa de ideas democráticas.

Noticias relacionadas