O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou hoxe que o Concello de Lugo non ten constancia de que existan carreiras ilegais na zona da Piringalla tal e como denunciou publicamente o PP os pasados días.
O Concello de Lugo continúa, a través da empresa Doal, concesionaria do servizo, coa instalación das novas máquinas expendedoras de tickets do sistema Ora en diferentes puntos da cidade ata chegar a un total de 55.
Esta semana quedarán instaladas as novas expendedoras nas seguintes rúas, que se sumarán á instalada a pasada semana na rúa Anxo López Pérez:
- Puro Cora nº2
- Cidade de Viveiro nº 8
- Cidade de Vigo nº 2
- Dinán nº 4
Concello de Lugo aprobou esta mañá a apertura do procedemento de adxudicación da contratación da subministración e instalación dun sistema de axuda á explotación do transporte público urbano de Lugo. Este proxecto, tal e como indicaron o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inclúese na financiación do proxecto europeo Urban.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, recorda aos usuarios do servizo municipal de préstamo das bicicletas que deben pasar a renovar as súas tarxetas transcorrido un ano.

O Concello de Lugo participa no proxecto URBACT Active Travel Network, que pretende traballar activamente no impulso dos desprazamentos a pé e en bicicleta como medio de transporte, e que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rabade, e o director do Plan de Mobilidade, Miguel Ángel Negral.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe a presunción de inocencia da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tal e como se desprende do sumario do caso das multas coñecido os pasados días e en contra do publicado por algún medio de comunicación.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron esta mañá dos novos buses da flota do servizo municipal de transportes.
O Alcalde explicou que nos dez anos do seu mandato “o Concello mercou 15 autobuses co que temos unha flota cunha media de idade de 6’05 anos”.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou hoxe que a pasada madrugada o Concello de Lugo puxo en marcha un dispositivo especial por mor do temporal de vento e choiva iniciado arredor das 3,45 da mañá.
O episodio non fora comunicado, polo que o Concello de Lugo actuou con rapidez para tratar de solventar os problemas derivados do vento e a choiva que provocaron numerosos incidentes na cidade.
Baixo este argumento visitan as vivendas e intentan vender unha “potabilizadora” aos cidadáns de Lugo.
Ante as chamadas alertando do problema o Concello de Lugo recorda:
1. A auga da traída é potable e perfectamente apta para o consumo.
2. Non é necesario utilizar ningún tipo de potabilizadora, posto que a auga é potable.
O Concello de Lugo, ante as fortes nevadas producidas desde o pasado 7 de xaneiro, intensificou as medidas necesarias para previr as posibles molestias á cidadanía lucense e garantir a súa seguridade. Así, puxo en marcha un dispositivo especial por mor do temporal.
Tanto os voluntarios de Protección Civil como a Policía Local, bombeiros e o persoal do servizo municipal de limpeza traballaron a reo para normalizar a situación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- …
- seguinte ›
- última »