O Concello de Lugo mantén a gratuidade de Rebicíclate durante o ano 2010

Mércores, 27 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, recorda aos usuarios do servizo municipal de préstamo das bicicletas que deben pasar a renovar as súas tarxetas transcorrido un ano.

As persoas que desexen inscribirse ou renovar a súa tarxeta poderán facelo na Oficina de Turismo Municipal situada na Praza do Campo cubrindo unha solicitude. O documento que hai que cumprimentar tamén está dispoñible na páxina de Rebicíclate na web municipal: www.lugo.es.

O equipo de Goberno segue a apostar pola bicicleta como transporte alternativo polo que mantén a gratuidade do servizo ao longo do 2010. O obxectivo é mellorar o grao de utilización do espazo público, o abastecemento enerxético de Lugo, a saúde dos lucenses e reducir o ruído ambiental e as emisións contaminantes.
A intención do Goberno local é potenciar o uso da bicicleta, aproveitando ademais as conexións coas paradas dos autobuses urbanos.

Lembramos que o servizo ten un horario de 9:00 a 18:00 horas entres os meses de outubro a marzo e de 9:00 a 22:00 horas o resto do ano.

Noticias relacionadas