
A Alcaldesa, Lara Méndez, entregou este xoves os diplomas aos 105 participantes das nove accións formativas da última fase do programa Lugo Emprego Activo 2, un proxecto subvencionando nun 80% polo Fondo Social Europeo que contou cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este xoves no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 49 nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense Padres Franciscanos. Os cativos viñan acompañados de 2 profesores.

A Xunta de Goberno aprobou este mércores unha amortización anticipada de débeda financeira por importe de 2,1 millóns de euros, que, sumados aos 6 millóns xa amortizados, supoñen que o Concello reducirá o endebedamento neste ano un 36%, pasando dos 22,5 millóns cos que cerrou 2014 a 14,4 millóns

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada polo director da área de negocio de La Caixa en Lugo, José Manuel López, visitaron este martes a exposición El bosque. Mucho más que madera, que acolle dende hoxe a Praza Maior.

Os industriais da Praza de Abastos atenderán dende mañá e durante 33 días na Praza da Soidade e no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, por mor das obras de modernización da praza, que contan cun orzamento dun millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urbano.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, mantivo este luns un encontro no CEI-NODUS cos 80 primeiros participantes dos obradoiros posto en marcha polo Concello para fomentar e capacitar a innovación e o emprendemento.
O Concello abriu este mércores o prazo de solicitude de tres liñas de subvención en materia social e deportiva, ás que destina preto de 200.000 euros.

As obras de modernización da Praza de Abastos arrancaron este martes. Cun orzamento de 1 millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urban, os traballos teñen un prazo de execución de 102 días naturais, é dicir, tres meses e medio.

O Concello divulgará a historia e patrimonio cultural do recinto do cemiterio municipal de San Froilán a través da creación de códigos QR, de resposta rápida, mediante os que se poderá acceder a toda a información tanto do propio camposanto como dos seus monumentos máis destacados.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recolleu este mércores en Madrid o premio ao mellor monumento arquitectónico funerario de España, outorgado por votación popular ao mausoleo neogótico do cemiterio municipal de San Froilán nun concurso promovido pola revi
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- …
- seguinte ›
- última »