
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que o MIHL acollerá actividades lúdicas para nenos e nenas durante os meses de verán.

O Concello de Lugo organiza os días 3, 4 e 5 de xullo a iniciativa Comestibles, no entorno do río Miño, concretamente a carón da área recreativa de Os Robles, dirixida a nenas e nenos de 8 a 14 anos.

A área de Participación e servizos para a Veciñanza vén de colocar á entrada do Cemiterio Municipal de San Froilán unha coroa coas cores da bandeira LGBT.

O Goberno de Lara Méndez quere incorporar con vistas ao vindeiro Ano Santo a valorización do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio como elemento dinamizador das artes e do talento, do patrimonio cultural, histórico e arquitectónico, do rural e dun turismo que busca experiencias diferentes.

Este sábado, 27 de xuño, a área de Xuventude ten preparada a cuarta e última etapa do Camiño Primitivo a Lugo, concretamente dende Castroverde ata a capital, rematando nas inmediacións da Casa da Xuventude.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou que as Casas das Linguas Municipais acollerán campamentos durante os meses de verán.
Filtros de seguridade viaria

O Arde Lucus máis virtual da comezo este xoves á súa XIX edición co lanzamento do spot promocional desta edición e cun emotivo documental, no que representantes das 19 asociacións vinculadas á celebración falan da súa importancia para a cidade.

A área de Medio Ambiente incrementará, este ano, en máis de medio millón de euros o orzamento municipal destinado á limpeza e desinfección da cidade.

A Empresa Municipal de Vivenda e Solo ten xa identificadas as parcelas coas que o Concello de Lugo poderá completar o cinto verde que bordeará a cidade apoiado no seu contacto cos cursos fluviais do Miño, Rato e Fervedoira.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 576
- 577
- 578
- 579
- 580
- 581
- 582
- 583
- 584
- …
- seguinte ›
- última »