
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibíu hoxe na Casa Consistorial ao novo delegado da Xunta, Javier Arias, a quen lle reiterou a noraboa polo seu cargo, benvida e bos desexos que xa lle fixera chegar con anterioridade.

Maior brevidade procedemental e, polo tanto, máis celeridade administrativa. Obras que se licitan máis rápido e tamén servizos que dispoñen antes dos medios que necesitan para poder prestarse con dilixencia á cidadanía.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto; asistiu esta maña á presentacion de ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento do sector vinícola que terá lugar o próximo 3 de outubro no claustro da Catedral de Lugo.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que o vindeiro domingo, 4 de outubro, a Praza de Abastos permanecerá aberta entre as 9 e as 14 horas para todas as veciñas e veciños que desexen realizar as súas compras nela.

A área de Medio Ambiente executa estes días traballos de mellora da drenaxe na Rolda das Fontiñas.
Por motivos axenos á organización, a charla prevista, dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral, para mañá mércores, 30 de setembro, de Antonio Rodríguez Colmenero, sobre O faro romano de Brigantium Flavium e a súra relación coa cidade de Lucus Augusti, aprázase ao 30 de outubro, sendo a enca

O ciclo de masterclass online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, amosará na sesión de mañá mércores, 30 de setembro, que picar de xeito saudable é posible. Faino tras afondar en almorzos e ceas saudables.
Incumprimentos medidas COVID-19

O Executivo de Lara Méndez activa o Plan Vive, iniciativa encamiñada a facilitarlle asesoramento e información ás pequenas e medianas empresas e aos autónomos de Lugo para que poidan afrontar os retos que teñen por diante neste momento de especiais dificultades.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- 554
- 555
- 556
- 557
- …
- seguinte ›
- última »