Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 29 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Incumprimentos medidas COVID-19

No día de onte 28 de setembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio continuaron co dispositivo de control do cumprimento das medidas de prevención con ocasión do COVID-19, levantándose dúas actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, a cidadáns que se achaban na vía pública sen facer uso da máscara de protección.

Estas infraccións detectáronse na rúa Río Sil e na Avenida da Coruña.

Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano durante o luns día 28 de setembro/20

  • 10,35 horas. Accidente de circulación ocorrido na Avenida de As Américas no que se viron implicados dous vehículos con resultado de danos mateariales.
  • 11,45 horas. Atropelo na  rúa Concepción Arenal onde un peón ao cruzar a calzada por detrás dun vehículo é alcanzada por este cando realizaba a manobra de marcha atrás para estacionarse. Recibiu asistencia sanitaria sen que a primeira ollada revestise gravidade.

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 0,20 horas do día 29 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa como un turismo que circula pola Avenida da Coruña pasa en luz vermella un semáforo.

Coa intención de identificar o seu condutor dáselle o “alto”, comprobando os axentes que a condutora carece de permiso de conducir por perda total de puntos, polo que é trasladada á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, inmobilizando o vehículo.

O vixente Código penal castiga esta conduta coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Filtros de seguridade viaria

Durante o día de onte, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diversos filtros de seguridade viaria, especialmente para o control do cumprimento dos límites de velocidade en vías da zona norte da cidade onde se detectaron accidentes de circulación, empregando un vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando a 1.650 vehículos e formulando 107 denuncias por pasar o límite de velocidade establecido para estas vías (50 km/ h).

A velocidade máis alta detectada en vía limitada a 50 km/ h foi de 89 km/ h, o que supón para o condutor unha multa de 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

De todas as denuncias formuladas, 28 levan aparellada a retirada de entre 2 e 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo detectouse un vehículo cuxo condutor deu POSITIVO de 0,40 mg/ l nas probas de detección alcohólica practicadas para o efecto, o que supón unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, comprobando ademais que o vehículo circulaba carecendo de Seguro Obrigatorio de Automóbiles polo que se abre expediente sancionador con multa 1.500 euros, procedendo á súa retirada polo guindastre municipal quedando inmobilizado ata que o seu titular acredite que subscribiu contrato de seguro.

Noticias relacionadas