
O Parque da Milagrosa acollerá este mércores, a partir das 18:00 horas, un espectáculo de clown enmarcado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. A actuación familiar, baixo o título Nougat, correrá a cargo do artista portugués Dani Gonçalves.

Informar para concienciar. Con este obxectivo a área de Xuventude do Concello de Lugo, que dirixe o edil Jorge Bustos, pon en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o consumo responsable de alcol en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL).

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, realizou a homenaxe institucional a todas as persoas represaliadas polo franquismo organizada polo concello e a deputación de Lugo polo día da Galiza Mártir.

A Corporación municipal de Lugo participou, este mércores, como ben sendo tradición na cidade dende o ano 1768, nos actos conmemorativos da festividade de San Roque.

Esta semana continúa a programación cultural e de ocio deseñada polo Goberno de Lara Méndez, no marco da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, para a tempada estival.

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, acompañado polo Intendente da Policía, Jesús Piñeiro, mantivo esta mañá un encontro coa veciñanza da zona do parque Rosalía e do barrio de Recatelo para abordar a complexa situación que están a vivir os e as residentes como consecuencia do

O executivo de Lara Méndez aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada este mércores unha nova convocatoria de bolsas municipais ao talento deportivo, por importe de 26.000 euros, coas que se pretende recoñecer o esforzo e a capacidade de superación da mocidade lucense.

O Goberno de Lara Méndez promove este mes de agosto concertos en directo e espectáculos circenses todas as tardes dos mércores e xoves no marco da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do que vai de mes de xullo deste ano 2023.

O barrio da Tinería acollerá este venres un cine-fórum ao aire libre organizado pola oficina municipal de información europea, Europe Direct Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- seguinte ›
- última »