
O San Froilán celebra este luns o Día dos Maiores. O programa festivo arrincou ás 12:00 horas, cunha sesión vermú a cargo dos DJS Seven Airways Lugo Baila!, que animou a rúa San Marcos a ritmo de música electrónica.

Milleiros de persoas participaron esta mañá nos actos centrais do Domingo das Mozas, animadas polas boas temperaturas e o carácter festivo da xornada, no que Lugo cumpriu de novo coa tradición homenaxeando ao traxe tradicional galego e a Rosalía de Castro.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado nun programa en directo realizado pola Radio Televisión Portuguesa, coa colaboración da Televisión de Galicia, dende o fondo da Praza Maior.

Corporacións municipais e veciños reforzaron este sábado os lazos históricos que unen ás cidades de Lugo e Ferrol na xornada das festas do San Froilán dedicada á cidade Departamental, cando se cumpren 16 anos do irmandamento oficial entre ambos concellos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu ao VII Desfile de Gando San Froilán, que se celebrou este sábado polas rúas do centro histórico de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este venres na Praza Maior a exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros realizada pola Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira dentro das festas do San Froilán.
Lugo inicia a fin de semana do San Froilán con máis de medio cento de actividades preparadas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, fixo entrega este xoves no Mercado Municipal de Abastos dos premios do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán, do que resultou gañador Casiano Méndez de Ourense, que recibiu un premio de 1.0

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este xoves no Salón de Plenos o libro Memorias do San Froilán, coordinado por Isidro Novo e Antonio Reigosa.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real, entregaron este xoves no Salón de Plenos do Concello os premios aos gañadores
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 279
- 280
- 281
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- …
- seguinte ›
- última »