Casiano Méndez e Pulpería Oito Catering gañadores do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán

Carmen Basadre entregou o primeiro premio de 1.000 euros en metálico e o segundo cun vale por un aloxamento dunha noite con circuíto termal no Balneario de Lugo para dúas persoas

Xoves, 06 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Casiano Méndez e  Pulpería Oito Catering gañadores do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, fixo entrega este xoves no Mercado Municipal de Abastos dos premios do III Concurso de Polbeiras e Polbeiros do San Froilán, do que resultou gañador Casiano Méndez de Ourense, que recibiu un premio de 1.000 euros en metálico, o segundo,  Pulpería Oito Catering, recibiu un vale por un aloxamento dunha noite, con circuíto termal no Balneario de Lugo para dúas persoas. Ademais, todos eles foron agasallados cun lote de produtos de Aceites Abril.

Este ano, os tres participantes de diferentes puntos de Galicia que se deron cita neste concurso, fixeron gala dun dominio na elaboración deste produto típico do San Froilán. Así, como en anos anteriores, o xurado tivo que analizar o sabor, textura, condimentación, punto de cocción e presentación do polbo. Os participantes nesta edición foron Oito Catering do Carballiño, Casiano Méndez de Ourense e Pulpería Alejandra Salinas de Pontevedra.

Noticias relacionadas