
A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez, saudou aos mozos e mozas que participaron as últimas semanas no Taller de Deseño e Impresión 3D, organizado polo Concello de Lugo dentro do +Xti, e subvencionado polo Plan Nacional de Drogas.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e o edil Álvaro Santos, visitaron esta mañá en Lugo a campaña itinerante enmarcada na iniciativa 'Galicia destino seguro’.

Izal, M-Clan, Amaral e Dorian serán os cabezas de cartel da terceira edición do festival urbano por excelencia de Lugo, que neste ano reinvéntase para cumprir cos protocolos satinatarios.

A área de Xuventude retoma nestes meses de agosto e setembro, a ruta pola Ribeira Sacra e a fin de semana no Courel, aprazadas polo Covid, enmarcadas dentro das actividades para a mocidade activa do primeiro semestre do ano.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou o auditorio municipal Gustavo Freire onde se están a levar a cabo diversas operacións de mantemento. Maite Ferreiro explicou que “renovamos distintas estruturas que se foron desgastando co uso”.

A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a Augas Férreas tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería.

O Concello de Lugo acometerá obras de mellora na Casa da Xuventude investindo máis de 20.000 euros. En concreto, os traballos afectarán a medianeira e ao peche das inmediacións. A empresa encargada de realizalas será Urbaconsa.

A cidade de Lugo acollerá os días 16, 17 e 18 de septembro o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial, que contará coa participación de máis de 50 expertos e profesionais do sector.

A área de Xuventude continúa coa programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio.

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, supervisaba a primeira hora desta mañá os traballos de acondicionamento das tres ventás arqueolóxicas sitas na rúa Doutor Castro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- seguinte ›
- última »