
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou hoxe a Capela do Carme, templo no que urxe unha reparación do seu tellado xa que o seu mal estado pon en perigo a riqueza patrimonial dos séculos XVIII e XIX que atesoura no seu interior.

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, coincidindo coa celebración dos actos conmemorativos do 10º aniversario da Casa da Xuventude, convoca un maratón fotográfico, para premiar a creatividade e técnica da mocidade.

A área de Cultura organizou en total 365 actividades culturais entre a data da declaración do Estado de Alarma no 13 de marzo de 2020 e o 13 de marzo do 2021, contabilizando o total de actividades realizadas nos distintos ciclos postos en marcha no último ano.

As conferencias online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, ofrecen este mércores indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes.

Dentro da programación do 10º aniversario da Casa da Xuventude que organizou a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, enmárcanse dúas andainas polo Lugo máis xuvenil e un Escape Room de misterio.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos.

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, que dirixe Olga López Racamonde, aposta por levar aos maiores de Lugo ás prazas e parques da cidade para que as actividades de ocio e saúde activa sexan máis seguras ao desenvolverse ao aire

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a mostra de artesanía Artesania Viva, organizada pola área de Cultura xunto con Traxandaina.

O novo Auditorio de Magoi precisará dun investimento mínimo de 430.000 euros para poder abrir as súas portas debidamente acondicionado e con todas as garantías de seguridade para o público.

A Casa da Xuventude de Lugo cumpre o vindeiro día 9 de abril unha década de vida.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »