A área de Cultura organizou, durante os 365 primeiros días de pandemia, 365 actividades culturais

Maite Ferreiro: “desde o comezo da crise sanitaria defendemos a cultura como ben de primeira necesidade”

Desde a área de Cultura contabilizáronse as actividades realizadas entre o 13 de marzo de 2020 e o 13 de marzo de 2021

Martes, 06 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura organizou, durante os 365 primeiros días de pandemia, 365 actividades culturais

A área de Cultura organizou en total 365 actividades culturais entre a data da declaración do Estado de Alarma no 13 de marzo de 2020 e o  13 de marzo do 2021, contabilizando o total de actividades realizadas nos distintos ciclos postos en marcha no último ano. A edil Maite Ferreiro explicou que “desde o comezo da crise sanitaria desde o goberno municipal defendemos ao sector cultural como un ben de primeira necesidade, e adicamos un gran esforzo a reactivar o sector, reinventando as actividades para garantir que a veciñanza tivese acceso á cultura”. Maite Ferreiro afirmou que “malia que non houbese actividade cultural cada día, durante este período conseguimos realizar un total de 365 actividades culturais diversas, buscando que todas as veciñas e veciños de Lugo tivesen algún evento que se adaptara aos seus gustos”.

Entre as actividades contabilizadas pola área de Cultura están as 33 actividades teatrais organizadas durante este ano, enmarcadas nas programacións teatrais da área de Cultura do 2020 e do 2021. Ademais, contáronse as 125 actuacións musicais da semana cultural do San Froilán 2020. O ciclo Muralleando Sen Parar, posto en marcha pola área de Cultura unha vez se permitiu saír á rúa contou con 48 actuacións musicais. Maite Ferreiro destacou estas actividades como “a demostración do proceso de reinvención ao que se someteu un sector cun gran peso en Galiza e en Lugo”, e afirmou que “coa organización da semana cultural do San Froilán 2020 fixemos de Lugo un referente para moitos concellos á hora de organizar eventos culturais garantindo o cumprimento de todas as restricións sanitarias derivadas da crise sanitaria”.

Durante este ano, desde a área de Cultura organizáronse tamén numerosas actividades seguras para o público familiar. Maite Ferreiro explicou que “as nenas e nenos contaron con programación propia na actividade teatral do auditorio, ademais de actividades organizadas exclusivamente para este público”. Entre as actividades para público familiar destacan ciclos como os 8 concertos de O que queda de verán, 18 actividades de Tarde e Tardiña, Benvida ao Apalpador, que contou con 3 actividades o Lugo Máxico, con 12 actuacións, as actividades de animación á lectura, o Samaín, a Cabalgata de Reis e o Entroido de 2021, que contaron con 4 actividades cada unha e as 12 actividades de Nadal de 2020.

Actividade cultural entre o 13 de marzo de 2020 e o 13 de marzo de 2021

  • 18 funcións teatro e música auditorio (Setembro/decembro 2020).
  • 4 funcións FEGATEA en 2020 (Novembro e decembro 2020).
  • 7 funcións de Mostra Teatro Clásico (Setembro 2020).
  • 8 funcións o que queda de verán (Xullo/Agosto 2020).
  • 18 actuacións en Tarde e Tardiña (Xuño/Xullo 2020).
  • 48 actuacións en Muralleando (Xuño/Xullo 2020).
  • 5 actuacións Filarmónica (Outubro/Novembro 2020).
  • 4 actuacións FACELA (Agosto 2020).
  • 2 actuacións Camiño Inmersivo.
  • 1 concerto filarmónica en Decembro 2020.
  • 1 concerto Big Band Musico Crisanto en Outubro 2020.
  • 4 actuacións MIHLSONS Decembro 2020.
  • 1 actuación Culturbán Outubro 2020.
  • 3 actuacións Benvida ao Apalpador Decembro 2020.
  • 5 actuacións Cartografía Outubro 2020.
  • 12 actuacións Nadal Decembro 2020.
  • 4 actuacións Lorca 2.0 Decembro 2020.
  • 125 actuacións San Froilán Outubro 2020.
  • 8 actuacións no Vaia Vaia Novembro 2020.
  • 2 actuacións no 25N Novembro 2020.
  • 12 actuacións Lugo Máxico Novembro 2020.
  • 4 actuacións Samaín Novembro 2020.
  • 2 actuacións Aniversario Muralla Novembro 2020.
  • 4 actuacións biblioteca (Setembro/Outbro 2020).
  • 5 actuacións “Dixieland” (Agosto/Setembro 2020).
  • 19 actuacións Semana de Jazz (Outubro/Novembro 2020).
  • 12 actuacións Lugo Cultural (Setembro7decembro 2020).
  • 4 actuacións ARTERITE (Decembro 2020).
  • 4 actuacións no Entroido Febreiro 2021.
  • 4 actuacións Cabalgata Xaneiro 2021.
  • 15 actuacións de teatro Xaneiro-Marzo 2021.

Audio

  • A edil de Cultura e Turismo, Maite Ferreiro, sobre a actividade cultural no ano do COVID 19 | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Cultura organizou, durante os 365 primeiros días de pandemia, 365 actividades culturais
  • A área de Cultura organizou, durante os 365 primeiros días de pandemia, 365 actividades culturais

Noticias relacionadas