O Concello de Lugo executou obras de mellora no cemiterio municipal de San Froilán por valor de máis de 126.000 euros.
O soto da Praza de Abastos de Lugo abrirá de novo ao público mañá, venres 28 de outubro. Farao para acoller os postos de venda de flores con motivo da proximidade da festividade de Defuntos. Así mesmo, o luns volverán a instalarse os profesionais do sector da florería.
Un ano máis, o Concello reforza o vindeiro día 1 de novembro, día de Todos os Santos, o servizo de autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal de San Froilán, para facilitarlles aos veciños e veciñas o seu achegamento a este espazo nestas datas sinaladas.
Membros da Corporación Municipal asistiron este mércores na Praza Maior á lectura do manifesto polo Día Internacional do Dano Cerebral, que organiza a Asociación Dano Cerebral de Lugo (Adace), coa finalidade de concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.
A Xunta de Goberno aprobou este mércores a convocatoria dunha liña de axudas de 45.500 euros destinadas a asociacións de carácter veciñal, profesional, educativas e de medio ambiente, co fin de contribuír a que as asociacións desenvolvan programas e actividades de interese xeral.
A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este luns no Salón de Plenos as actividades que ten programadas a entidade local de cara a conmemorar o Día dos Defuntos.
A cidade de Lugo é unha das cidades españolas coa auga máis barata, segundo o último estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que realizou unha análise sobre o prezo da auga en 53 cidades españolas para un consumo medio anual de 175 m3, que se corresponde co consumo du
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este venres á clausura do ciclo de conferencias organizadas polo Hospital Polusa con motivo do seu 35 aniversario.
A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o presidente da Asociación Provincial de Apicultores de Lugo, Pablo Piñeiro, presentaron este venres no Salón de Plenos a XXIV Feira do Mel de Lugo, que terá lugar o domingo 2 de outubro nunha carpa instalada na Praza da Soidade das 10:00 ás
O voceiro municipal, Miguel Fernández, clausurou este mércores no Salón de Actos da Deputación as XXX Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal coa colaboración do Concello, que este ano abordaron durante tres días o escandaloso creceme
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- …
- seguinte ›
- última »