O Concello de Lugo iluminará a noite do sábado, a partir das 23:00 horas, a fachada da Casa Consistorial de cor amarelo con motivo da celebración, o 3 de xullo, do Día Internacional da Síndrome Rubistein – Taybi, a petición da Asociación Española desta enfermidade.

A concelleira de Benestar Social, Olga López, estivo hoxe presente no inicio da elaboración do graffiti ‘Fusión de melloras’, que se executa no muro do centro de convivencia Maruja Mallo, coa que o executivo de Lara Méndez quere visibilizar o Lugo máis social, “o Lugo que constrúen tamén as asoci

O Concello de Lugo vén de excluír, esta mañá, en Mesa de Contratación á empresa Noso Capital - unha das dúas firmas que concorreron ao proceso - como xestora da Estratexia Lugo Transforma por non acreditar suficientemente a súa solvencia económica.

A Policía Local vén de solicitar ao servizo de Negociado do Concello que abra un expediente sancionador á cafetería La Barrica, sita en Salvador de Madariaga, e que adopte, como medida cautelar, a suspensión da actividade e a clausura do propio establecemento.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocará nos vindeiros días á veciñanza de Marqués de Ombreiro para presentarlles, in situ, as alternativas, elaboradas polos técnicos municipais, ao proxecto do Carril Bici nesta zona.

O executivo de Lara Méndez da inicio mañá as actividade das Aula Abertas, organizadas co fin de facilitar a conciliación este verán das familias do municipio. Así o anunciaron hoxe a concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade, Olga López, e Alfonso Darriba, animador sociocultural.

A área de Desenvolvemento Local, que dirixe a tenente de alcaldesa Ana González Abelleira, pon en marcha un novo obradoiro de emprego co que o Goberno de Lara Méndez pretende crear oportunidades laborais para 16 rapazas e rapaces lucenses con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos.

A concelleira de Igualdade e Muller, Silvia Alonso, acompañada por membros da Corporación Municipal, asistiron este luns ao acto institucional organizado polo Concello de Lugo con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI+ na Praza Maior.

O Concello de Lugo iluminará esta noite, a partir das 23:00 horas, a fachada da Casa Consistorial de cor verde para secundar o Día Mundial da Esclerodermia a petición da Asociación Española desta enfermidade.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta semana no Concello á directiva da Federación de Mulleres Rurais, así como ás representantes das asociacións que integra, para poñer en común cuestións relativas á proxección da muller no ámbito rural co obxectivo “de impulsar o protagonismo feminino
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- …
- seguinte ›
- última »