O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial da ELA, 21 de xuño, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibiu esta maña a Antonio Duelo Menor, almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol que pasara en los próximos días á reserva ao que agradeceu a labor que realizou durante os anos que exerceu.
O Concello de Lugo conmemora hoxe, luns, 14 de xuño, o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas iluminando, este anoitecer, de cor turquesa a fachada da Casa Consistorial.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, compartiron esta tarde a reapertura do parque Novo Freire coa veciñanza do barrio e dos seus arredores.

Rubén Arroxo saiu ao paso das acusacións do Partido Popular, por voz de Antonio Ameijide en relación á desvinculación dos percorridos do bus e do plan de mobilidade.

O Concello retomará, o próximo 14 de xuño, a fichaxe por pegada dactilar, do persoal municipal.
A decisión adóptase trala suspensión do Estado de Alarma e tendo en conta o devir da pandemia, logo de que o pasado mes de maio se aprobara tamén o retorno á actividade presencial.
A área informática do Concello de Lugo solicita aos veciños e veciñas que extremen as precaucións por haber detectado nos últimos días que se estaban a producir ataques de phising ou suplantación de identidade facéndose pasar por persoal municipal.

O portavoz do Goberno local, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello a unha expedición do Exército do Aire, procedente do Aeródromo Militar de Santiago, que realiza o Camiño a Compostela.

O Concello de Lugo inicia os actos de celebración da festividade do Corpus, previos á ofrenda este domingo, día 6. Consistiron nunha misa, ás once, na Praza de Santa María á que asistiu a Corporación lucense presidida pola Alcaldesa.

O Executivo de Lara Méndez aproba mañá a transmisión da titularidade dos terreos municipais nos que se ubicará a nova rotonda de Alfonso X. Unha infraestrutura tan demandada como necesaria e que permitirá mellorar o tránsito nunha das principais vías que rodea a cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- …
- seguinte ›
- última »