
Os concelleiros de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, e de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, reincorporáronse hoxe ás súas funcións no Goberno local tras os seus respectivos períodos de convalecencia.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello a José Manuel Rozas, recentemente nomeado presidente da Asociación Española contra o Cancro en Lugo, acompañado da súa antecesora, Mariluz Abella.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Cohesión Territorial, está a colaborar coa ITV na instalación de tomas de terra en varias parroquias de Lugo co obxectivo de mellorar a operatividade das unidades móbiles de inspección técnica de vehículos lixeiros e agrícolas.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta semana no podcast 'Xuventude Lucense en Europa', unha iniciativa pioneira promovida polo centro Europe Direct Lugo, dependente da Concellería de Dinamización Económica e Relacións Institucionais.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e as concelleiras de Benestar Social, Olga López Racamonde, e de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá aos taxistas concentrados na Praza Horta do Seminario para trasladarlles o respaldo do Goberno local fronte ao aumento dos cust

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, recibiron na Casa do Concello á directiva do motoclub Jabatos Bravíos.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a algúns dos integrantes da nova directiva da coral Solo Voces, que hai uns meses cumpriu 32 anos de traxectoria, para falar dos proxectos futuros da agrupación así como dos principais obxectivos da coral.

O Concello de Lugo estará presente na próxima edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro de 2025, cunha nova campaña promocional titulada "Lugo, parte do teu camiño", que invita a descubrir a riqueza histórica, cu

O Executivo de Paula Alvarellos avanza no lanzamento do programa de aceleración TurisTalent 5.0 tras recibir seis ofertas para a súa xestión.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou, xunto a representantes da Corporación Municipal, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo caso de violencia machista, cometido o pasado mes de outubro en Logroño e que onte foi confirmado como un asa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »