Actualidade
Servizos destacados durante a fin de semana do 12 ao 14 de abril/24.
Maite Ferreiro: "continuamos a traballar na difusión da danza e das artes do movemento cunha nova colaboración coas escolas lucenses".
As distintas escolas realizarán mostras na rúa entre o 24 de abril e o 4 de maio, e o auditorio municipal acollerá un espectáculo de fusión de distintos estilos o vindeiro 6 de maio.
A limitación atende á necesidade de executar as canalizacións na zona, dentro da obra Corazón Verde entre Murallas. Instalarase sinalización para garantir a seguridade.
Mentres duren os traballos, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza Armañá, deberán facelo pola rúa Luis Peña Novo, por diante da Praza de Abastos.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, foi o encargado de recoller o distintivo nun emotivo acto organziado pola irmandade.
“O compromiso constante da confraría coa difusión da historia e a promoción dos nosos tesouros patrimoniais é fundamental para fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu legado”, sinalou o concelleiro.
A concelleira Cristina López presentou esta iniciativa ás principais funerarias da cidade.
López: "con este novo sistema melloraremos a xestión dos enterramentos e simplificaremos o traballo das funerarias, o que se convertirá nunha xestión máis rápida para a veciñanza".
A rexedora, acompañada de Pablo Permuy, acompañou aos edís do Partido Popular nunha visita ao inmoble, que abrirá proximamente, tras un investimento municipal de máis de 330.000 euros destinado a correxir defectos construtivos.
“Actualmente estanse a definir aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, como antesala á súa posta en funcionamento”, explicou.
A responsable de Cohesión Social e Territorial participou no encontro celebrado en Santiago no que se aprobaron os obxectivos e estratexias da entidade para o período 2024-2027.
Abelleira avanzou que “destinamos un investimento municipal de 40.000€ para axudas coas que contribuír a mellorar a calidade de vida nos países máis desfavorecidos do mundo”.
“A esta achega súmase outra de 10.000 euros para o desenvolvemento de campañas de sensibilización sobre a necesidade de corrixir as desigualdades de xeito global”, avanzou.
O traballo de cooperación internacional lévase a cabo a través da colaboración con colectivos especializados (ONGs) e co resto das administracións galegas membros do Fondo.
“Por parte do Goberno local estánse a desenvolver os traballos conforme a folla de ruta pactada nas xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación. Non se entende que agora se pretenda deixar de lado o acordado”, señalou Permuy.
“Respectamos a legitimidade dos traballadores e traballadoras a reivindicar os seus dereitos laborais pero consideramos que o camiño emprendido polas Organizacións Sindicais non é o maís axeitado para acadar avances nesta materia”, indicou o edil.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »