Código:
908
Presentación:
Presencial
Descarga
- Ámbito
- Destinatario
Documentación xeral
Poden solicitar esta subvención as ONGD que cumpran os seguintes requisitos do día de remate das solicitudes:
- a) Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvementocreado pola Xunta de Galicia, polo menos durante 3 anos antes do día de publicación desta convocatoria.
- b) Acreditar a seguinte experiencia na execución de proxectos:
- Cooperación ao desenvolvemento: 3 anos no ámbito territorial de actuación para o que se solicita o proxecto e 5 anos realizando proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
- Sensibilización social: 3 anos.
- c) Carecer de ánimo de lucro e non depender económica ou institucionalmente de entidades lucrativas.
- d) Ter entre os seus fins institucionais expresos, segundo os seus propios estatutos, a realización de actividades relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento /sensibilización social e o fomento da solidariedade entre os pobos, cooperación social ou actividades análogas.
- e) Ter xustificadas en prazo e de acordo coas bases reguladoras de cada convocatoria as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores.
- f) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo, respectivamente.
- g) Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario/a das subvención de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- h) Presentar un proxecto que sexa tecnicamente viable.
- i )Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia e manter a entidade aberta durante a execución do proxecto e ata 1 ano despois da súa finalización.
- Entenderase por delegación permanente aquela que conte con persoal da organización e local fixo onde realicen as súas actividades. Non se admitirá a referencia ao domicilio dunha persoa socia ou representante da entidade da mesma como domicilio social.
- Esta circunstancia deberá ser xustificada documentalmente pola entidade solicitante podendo o concello realizar de oficio as comprobacións pertinentes para verificar o cumprimento deste requisito.
- A delegación permanente asumirá a responsabilidade directa na presentación da solicitude e comprometerase ao mantemento da documentación, á contabilidade e coxestión do proxecto.
- j) Que nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento se identifiquen as contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, contando expresamente o seu compromiso no proxecto.
Prazo de presentación
-
O prazo para a súa solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (07/11/2025).

