Código:
907
Presentación:
Presencial
Descarga
- Destinatario
Documentación
Poderán solicitar estas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos no día de remate de presentación de solicitudes:
- Ter cumprida unha idade mínima de 4 anos
- Estar empadroado/a no Concello de Lugo cunha antigüidade mínima de 1 ano con anterioridade á data de preentación da soliciutde e durante a percepción desta.
- Ter recoñecida unha discpacidade física permanente igual ou superior ao 33% ou ben sexan pensionistas da Seguridade Social por ter recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absosluta ou grande invalidez e ter recoñecida a mobilidade reducida.
- Non ser propietario/a de vehículo nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade de conviviencia agás que se xustifique que o vehículo non está adpatado.
- Para as persoas que traballen, non ter recoñecido este beneicio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo do dito beneficio.
- Non dispór duns recursos económicos persoais superiores a 2,25 veces o IPREM vixente, 12 pagas.
- Estar ao corrente no cumprimento nas obrigas tributarias coa ÇAxencia EStatal da Administración Tributaria, coa Delegación de Facenda da Xunta de Galicia, coa Dirección Territorial do Instituto Nacional da Seguridade Social e co Concello de Lugo.
- Ter regulamentariamente xustificadas as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Luog, p ara o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios anteriores.
Prazo de presentación
- O prazo para a súa solicitude é de 15 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (07/11/2025).

