Solicitude de praza no Centro de Día

Código: 
901
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante ou calquera outro documento oficial acreditativo da súa identificación.
  • Fotocopia do DNI do/a titor/a ou representante legal da persoa solicitante, de ser o caso.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de empadroamento e de convivencia no Concello de Lugo.
  • Informe médico de atención primaria, se é o caso.
  • Xustificantes dos ingresos de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia.
  • Certificado de todos os ingresos procedentes de pensións.
  • Fotocopia da última declaración da renda de todos os membros da unidade de convivencia ou, se non, certificado de Facenda de non estar obrigada/o a declarar, a dita documentación poderá substituírse por unha autorización de consulta á/ao traballador/a social de referencia.
  • Declaración de imposto sobre o patrimonio de todos os membros da unidade de convivencia, de ser o caso.
  • Autorización de cesión de datos ós servizos sociais municipais, autorización expresa da persoa solicitante ou da/o súa/seu representante legal, así como dos membros da unidade de convivencia para o tratamento e acceso aos datos contidos en ficheiros e obter a información adicional necesaria (a través de medios informáticos ou telemáticos) da propia Administración e doutras administracións públicas co obxecto de tramitar única e exclusivamente o procedemento.

Con carácter excepcional e naqueles casos nos que a persoa solicitante non poida dispoñer da documentación acreditativa anteriormente mencionada, achegarase declaración xurada na que se faga constar a carencia absoluta de rendas familiares ou contías delas, así como de bens patrimoniais.