Código:
914
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Ámbito
Destinatario
O XNF poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención ( art.3 da Ordenanza reguladora do SAF do Concello de Lugo).
Documentación para a solicitude
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante ou calquera outro documento oficial acreditativo da súa identificación.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Certificado de empadroamento e de convivencia.
- Informe médico no que consten aqueles datos relevantes para determinar a súa situación sociosanitaria e as consideracións a ter en conta na prestación deste servizo ( dieta, alerxia a determinados alimentos, incompabilidades, etc...)
- Certificado de discapacidade, se é o caso, da persoa solicitante e membros da unidade familiar.
- Resolución da valoración de grao e nivel de dependencia emitida pola Unidade de Valoración da Dependencia e do Plan Individual de Atención, se é o caso.
- Xustificantes dos ingresos:
- deberán achegar xustificante de ingresos de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia.
- Certificado de todos os ingresos procedentes de pensións.
- Fotocopia da última declaración da renda ou, se non, certificado de Facenda de non estar obrigado/a a declarar, a dita documentación poderá substituírse por unha autorización de consulta ao/a traballador/a social de referencia.
- Declaración de imposto sobre o patrimonio, de ser o caso.
- Autorización de cesión de datos ós servizos sociais municipais, autorización expresa da persoa solicitante ou da/o súa/seu representante legal, así como dos membros da unidade de convivencia para o acceso aos datos contidos en ficheiros e obter a información adicional necesaria (a través de medios informáticos ou telemáticos) da propia Administración e doutras administracións públicas co obxecto de tramitar única e exclusivamente o procedemento.
Observacións
Con carácter excepcional e naqueles casos nos que a persoa solicitante non poida dispoñer da documentación acreditativa anteriormente mencionada, achegarase declaración xurada na que se faga constar a carencia absoluta de rendas familiares ou persoais ou contías delas, así como de bens patrimoniais.

