Renovación da inscrición padroal para persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente

Código: 
509
Presentación: 
Presencial
Descarga

As persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente deberán renovar cada dous anos a súa inscrición no Padrón municipal de habitantes.

Quen o pode solicitar?

A persoa interesada maior de 16 anos ou quen a representante legalmente.

Que documentación hai que presentar?

  • Documento de identidade en vigor  da persoa interesada, segundo o caso:
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  • No  caso  de  actuar a  través de  representante legal, documento que acredite a representación, e documento de identidade do representante.
  • No caso de menores de 16 anos:
    • Libro de familia.
    • Documento que acredite a tutela ou garda e custodia no caso de separación ou divorcio.

Onde se presenta?

No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00

Cal é o prazo para resolver?

Aproximadamente 1 día.

Canto custa?

Gratuíto.

Onde se tramita?

Sección de Estatística – Concello de Lugo.

Directorio