Reclamación patrimonial

Código: 
102
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Formulario debidamente cumprimentado

Instrucións para cubrir o impreso

  1. Ten que identificar con claridade a situación concreta onde se produciron os feitos (lugar, rúa, día, hora, vehículo, edificio, etc.) e en que consistiu o dano causado (material, persoal, moral), así como os prexuízos producidos como consecuencia dese dano (gastos ocasionados, cantidades deixadas de percibir, etc.)
  2. Ten que xustificar a relación que existe entre o dano que se produciu e o funcionamento dos servizos do Concello de Lugo, é dicir, por qué cre que o Concello é o que ten a responsabilidade das lesións producidas
  3. Ten que precisar con claridade a cantidade concreta que reclama. Se iso non é posible, farase constar que a cantidade será a que se determine coa tramitación do procedemento
  4. Proporá todas as probas que quere que se realicen para demostrar a realidade dos danos e a responsabilidade municipal (factura, presupostos, testemuñas, atestados, fotografías, etc.). Se as presenta coa solicitude inicial, deberá xuntar orixinais ou copias compulsadas. Se propón testemuñas, indicará un enderezo para notificacións

Resumo do procedemento

Prazo de resolución

 O prazo máximo de resolución é de SEIS MESES.

Consulta e alegacións

A persoa interesada poderá, en calquera momento, consultar o estado de tramitación do expediente ou facer alegacións. Deberáselle comunicar o nome do responsable de tramitar o expediente, para que poida facer as súas consultas e alegacións.

Trámite de audiencia

Despois de practicadas as probas, e antes de que se resolva o expediente, terá dereito ao trámite de audiencia para que, nun prazo de DEZ DÍAS, alegue o que crea oportuno.

Resolución

A resolución correspóndelle á Excma. Sra. Alcaldesa.