Licenza municipal para a tenza de animais clasificados como potencialmente perigosos e de inscrición no Rexistro Municipal

Código: 
653
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

Formulario de solicitude debidamente cumprimentado, xunto coa documentación indicada en cada caso

Para a obtención da Licenza

  • Fotocopia do DNI para os efectos de acreditar a maioría de idade. (Presentarase acompañada do seu orixinal para a súa comprobación).
  • Fotografía tamaño carné da persoa solicitante para a súa colocación na tarxeta acreditativa da licenza.
  • CERTIFICADO DE ANTECEDENTES PENAIS, no que conste que a persoa solicitante non foi condenada por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privada por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. Información para a súa obtención: www.mjusticia.es.
  • CERTIFICADO negativo do rexistro correspondente que xustifique a ausencia de sancións por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na alínea 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, en materia de tenza de animais potencialmente perigosos. Pode obterse nas oficinas da Xunta de Galicia.
  • CERTIFICADO DE CAPACIDADE FÍSICA, onde se acredite que a persoa solicitante non está incapacitada para proporcionarlle os coidados necesarios ao animal e garantir o seu axeitado manexo, mantemento e dominio e CERTIFICADO DE APTITUDE PSICOLÓXICA, ambos os dous emitidos por un centro de recoñecemento debidamente autorizado de acordo co Real decreto 2272/1985.
  • Acreditación de ter formalizado un SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL, que se renovará anualmente, por danos a terceiros que poidan ser causados polos seus animais, pola cobertura mínima de 125.000 € por animal. (Presentarase copia do condicionado da póliza no que conste a cobertura, a persoa asegurada, o período de vixencia do seguro, o número de microchip do animal asegurado e a acreditación do pagamento do dito seguro).
  • Se se solicita licenza para a tenza de animais salvaxes en catividade: MEMORIA DESCRITIVA DAS INSTALACIÓNS E DAS MEDIDAS DE SEGURIDADE utilizadas para impedir a fuxida dos animais. Deberá estar subscrita por persoal veterinario, biólogo ou por outro persoal facultativo superior ou medio nos plans de estudos do cal quede acreditado o coñecemento ou estudo de etoloxía animal.

Para a inscrición no Rexistro 

  • 2 FOTOGRAFÍAS do animal.
  • Fotocopia do documento  de identificación que acredite a inscrición do can no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC). Este documento, conforme ao establecido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, conterá o código identificador do animal (número de microchip), (...) a especie a a raza, o sexo, a data do nacemento e o enderezo habitual do animal, xunto cos datos identificativos da persoa propietaria del.
  • Se a persoa propietaria do animal ten licenza expedida por un concello distinto do de Lugo: Fotocopia da licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos expedida polo seu concello de residencia.