Devolución de garantía

Código: 
264
Presentación: 
Presencial
Descarga

Sempre que estean cumpridas, total e satisfactoriamente as obrigas garantidas,  solicitarase a devolución ou cancelación das garantías que se constituiron nos  títulos habilitantes de natureza urbanística, para a edificación e urbanización simultánea necesaria para que os terreos alcancen  a condición de soar, como as que teñen por obxecto responder os posibles gastos de reconstrución ou reparación da vía pública.

Cando se poden solicitar ?

Una vez  trascorrido un ano dende a finalización ou a recepción da obra, ou dende a concesión de licenza de primeira ocupación

Quen pode solicitar?

A persoa que teña constituída a garantía, ou quen o reprersente sempre que teña acreditada a representación.

Qué documentación hai que presentar?

  • Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 264, que corresponde co procedemento Y019.
  • No caso de actuar con representante, achegarase acreditación da representación.
  • No caso de que a garantía fose formalizada mediante depósito: deberá achegar certificación bancaria do número de conta (IBAN) no que quere que se lle devolva a garantía. O titular da conta deberá ser a persoa que constituíu a garantía.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Non procede a devolución da garantía constituída en obras de edificación, rehabilitación, restruturación... mentres a intervención non dispoña do título habilitante para a súa primeira ocupación.
  2. Só procede a devolución da garantía ó interesado que a constituíu.
  3. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  4. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a improcencia da devolución, se non se subsana a falla.

Onde se presenta?

No Rexistro Xeral.

Centro de Servizos municipais Ronda Muralla, 197

Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00.

Cando se presenta?

Transcorrido un ano dende a recepción da obra.

Prazo para resolver?

Tres meses, contados dende a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?

  • Gratuíto.

Onde se tramita?

Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

 

Directorio