Declaración responsable da instalación de estacións radioeléctricas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas

Código: 
266
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 266.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico apertura@lugo.gal.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
  • No caso de que a actividade sexa exercida por unha sociedade ou comunidade de bens, deberase presentar copia da súa constitución.
  • Proxecto técnico, con planos de localización a escala 1/1.000 da planimetría do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como plano no que se localice o local dentro do inmoble no que se sitúa, memoria urbanística, memoria de superficies, memorias e planos técnicos, etc.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, así como a aprobación do proxecto da instalación por parte do Ministerio competente na materia.
  • Indicación da licenza de construción do inmoble no que se sitúa a instalación e da licenza de primeira utilización.

Como cubrir a instancia/procedemento?

  1. Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
  2. A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, implicará a ineficacia da declaración por incompleta, se non se subsana a falla.