Código:
506
Presentación:
Presencial
Online
Descarga
- Ámbito
- Destinatario
O certificado de empadroamento é o documento que acredita a residencia das persoas empadroadas no Concello, así como outros datos relativos ao empadroamento: datas de alta e baixa, enderezos nos que a persoa interesada estivo empadroada, causa da alta ou baixa no Padrón, etc.
Pode solicitalo un familiar da persoa falecida ou quen posúa a súa representación legal que reuna os requisitos que se sinalan ao longo da presente ficha informativa.
Documentación que deberá achegar
- Formulario de solicitude debidamente cumprimentado
- Documento de identidade en vigor (orixinal) da persoa interesada, segundo o caso: DNI, NIE, tarxeta de residencia e/ou pasaporte.
- No caso de actuar a través de representante legal, documento que acredite a representación (orixinal e fotocopia), e documento de identidade do representante (orixinal).
- Fotocopia do certificado de defunción