Autorización para instalación de valo / estada / plataforma elevadora

Código: 
176
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Plano de situación do lugar onde se solicita a estada, referido á cartografía do Plan xeral vixente (que o facilitará o Servizo de Topografía).
  • Recibo e póliza de responsabilidade civil ou copia autenticada do recibo e da póliza.
  • Documentación técnica, gráfica e documental, axustándose ao regulado no R.d. 2177/04, do 12 de novembro, R.d. 1215/97, do 18 de xullo, R.d. 486/97, do 14 de abril, e 1627/97, do 24 de outubro, Ordenanza laboral da construción, vidro e cerámica, Orde do 28 de agosto de 1970. En todo caso, achegarase o nomeamento dun técnico competente que interveña na dirección técnica de todo o proceso ao que se refire a lexislación vixente.

Así mesmo, a documentación antes mencionada conterá as medidas correctoras de protección colectiva necesarias para protexer os viandantes das posibles caídas de material, ferramentas ou calquera outro elemento á vía pública, avalada e dirixida por persoal técnico competente.

  • Fotocopia da  licenza municipal de obra ou da comunicación de obras menores autorizada.

De conformidade co artigo 4.4 epígrafe B), da Ordenanza fiscal reguladora das Taxas por aproveitamentos especiais da vía pública, unha vez rematado o prazo de ocupación autorizado, a persoa interesada deberá solicitar a correspondente baixa da ocupación ou, de ser o caso, solicitar a correspondente prórroga. De non se cumpriren estes requisitos aplicaranse as recargas do 50% ou 100% establecidas no artigo mencionado.

Directorio