Autorización de uso temporal dunha vivenda de emerxencia social de titularidade municipal presencial

Código: 
911
Presentación: 
Presencial
Descarga

Documentación que deberá achegar

  • Documento oficial de identificación da persoa solicitante (DNI, DIP, etc.)
  • Certificado de empadroamento e de convivencia.
  • Xustificantes dos ingresos da unidade familiar/ de convivencia  a realoxar (nóminas, certificado de todos os ingresos procedentes de pensións etc.)
  • Fotocopia da última declaración da renda ou no seu caso, certificado de Facenda de non estar obrigado/a a declarar, de todos os membros da unidade familiar/ de convivencia.
  • Declaración de imposto sobre o patrimonio, de ser o caso, de todos os membros da unidade familiar/ de convivencia.
  • Autorización aos servizos sociais de cesión de datos, autorización expresa da persoa solicitante ou da/o súa/seu representante legal, así como dos membros da unidade de convivencia para o acceso aos datos contidos en ficheiros e recompilar a información adicional necesaria (a través de medios informáticos ou telemáticos) da propia Administración e doutras administracións públicas co obxecto de tramitar única e exclusivamente o procedemento.
  • Outra documentación que acredite a situación de emerxencia (declaración de ruína, sentenza xudicial, etc.) .

Observacións

  • Con carácter excepcional e naqueles casos nos que a persoa solicitante non poida dispoñer da documentación acreditativa anteriormente mencionada, achegarase declaración xurada na que se faga constar a carencia absoluta de rendas familiares ou contías delas, así como de bens patrimoniais.