O conxunto dos traballos previstos ascenden a 375.000 euros entre os que se inclúen melloras na accesibilidade de varios edificios da capital.
Na sesión desta semana o executivo tamén prorrogou o contrato para proceder á roza das pistas nas parroquias do rural por importe de 107.000 euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá seis licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal.
Entre as máis destacadas figura a substitución dunha cuberta e a ampliación do ascensor dun edificio da rúa San Froilán (110.000 €), así como a instalación doutro nun inmoble de Río Chamoso (45.000 €).
Igualmente o executivo autorizou a reparación e eliminación das filtracións de auga no parking do Centro Comercial Carrefour (52.949 €), a reforma dunha vivenda unifamiliar en Galegos (83.935 €) e a rehabilitación doutra en Pedáneo Xoan Diego (82.476 €).
Xa noutra orde de asuntos, na sesión desta semana procedeuse a abrir o procedemento de licitación da actualización e mantemento dos sistemas informáticos Citrix do Concello, por importe de 62.920 euros e se prorrogou, alén, por un ano, o contrato para a roza de pistas nas parroquias cunha contía de 107.064 euros.
Traballos que, según indicou o edil de Medio Rural, Miguel Fernández, se levarán a cabo entre xuño e setembro, “garantindo en tempo e forma o mantemento da rede viaria dos núcleos logo dun ano atípico, marcado pola pandemia, que obrigou a postergar moitas das tarefas ordinarias que desenvolve a administración”.
O propio concelleiro indicou que, “o feito de dividir a adxudicación por sectores – norte, sur, leste e oeste - servirá para gañar en axilidade e simultanear os labores de conservación en diferentes puntos do territorio limitando só aos condicionantes climatolóxicos o seu desenvolvemento”, concluíu Miguel Fernández.
Audio
- O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a prórroga do contrato de roza | Descargar mp3