A Xunta de Goberno Local aproba as axudas para o ano 2015 do III Plan Estratéxico de Subvencións por importe de case de 2 millóns de euros

O Concello de Lugo solicita a participación na 14º Fase do Programa de Rehabilitación no Recinto Histórico de Lugo

Mércores, 15 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou a actualización do III Plan Estratéxico de subvencións do Concello por importe de 1.859.600 euros.

Vanse a beneficiar máis de 120 asociacións da cidade posto que nelas figuras as subvencións nominativas e as de concorrencia competencia e que se distribuen en materia de deportes, de cultura, de xuventude, de servizos sociais e de participación cidadá e sanidade, segundo explicou Álvarez. Neste sentido, o Concello de Lugo, é coñecedor da importancia deste tipo de subvencións para que as entidades e asociacións poidan desenvolver con maior facilidade as súas actividades sociais.

Luis Álvarez tamén informou que se aprobou a memoria para solicitar a participación na 14º Fase do Programa de Rehabilitación de Recintos Históricos e que na cidade de Lugo permitiu a rehabilitación de 531 vivendas. Nesta nova fase prevese a rehabilitación de 40 vivendas e 10 edificios por un importe de 1.542.000 euros, dos que o Ministerio de Vivenda aportaría 540.000 euros, o Concello de Lugo 185.000 euros e os particulares terían que aportar 817.000 euros.

Luis Álvarez manifestou que esta noticia é extraordinariamente positiva pero “o que non é tan sensato é que nos movamos dentro do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 aprobado polo Goberno do Estado” e que remata o próximo ano. “A Xunta de Galicia non foi capaz de publicar ata o mes de marzo de 2015 no DOG a orde que desenvolve este plan de actuación previsto para catro anos e publicana no último ano” segundo Álvarez e engadiu que “estas actuacións que desexamos que nos aproben deben desenvolverse entre xaneiro e outubro do 2016 un prazo extraordinariamente reducido para a súa realización”.

“Lembran cando por parte do lider da oposicion municipal se contestou publicamente que non sabiamos e que non había que esperar por ningunha orde, que non era necesario, e que o programa estaba sempre aberto, pois esta é a constatación da mentira” incidiu o Voceiro do Goberno Local.

Outro dos asuntos destacados foi aprobar a dación en conta do marco orzamentario municipal para os anos 2016-2018 tal e como obriga o Estado. O Voceiro Municipal explicou que dentro das previsións que se fan o Concello de Lugo vai a cumprir todo o previsto na lei tal e como marca o Estado e que obriga a planificar cal é o marco de previsións nos próximos tres anos. Así, esta previsto unha estimación de ingresos para o ano 2015 de 87.487.698 euros; para 2016 de 88.143.856 euros; para o 2017 de 88.804.935 euros; e para o 2018 de 89.470.972 euros. Na partida de gastos están previstos os seguintes gastos para 2015 de 79.634.050 euros; para o 2016 de 76.765.034 euros; para o 2017 previsión de gastos 77.272.979 euros, e para o 2018 de 77.776.551 euros.

“A pesares do que algún lider da oposición di que o de Lugo é un dos concellos máis endebedados, todas as fontes oficiais como pode ser o Ministerio de Facenda, acreditan xustamente todo o contrario” segundo Luis Álvarez.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a prórroga do contrato correspondente ao aluguer de 10 cabinas sanitarias instaladas en zonas verdes públicas ata o 2 de maio de 2016, resultando o prezo máximo do contrato para dito periodo en 27.252,35 euros ive incluido. As cabinas sanitarias están situadas en zonas de tránsito como son ao carón do local social de Montirón, no Parque do Miño (zona ponte blanca, no Parque do Sagrado Corazón, Parque Fonte dos Ranchos, na Carballeira de Fingoi. Tamén hai outras situadas preto da pasarela peonil no Parque do Miño, na zona das piscinas do Parque de Frigsa, no Paseo da Fábrica da luz e no Parque Marcos Cela.

Tamén se acordou deixar sobre a mesa para mellor estudo a apertura do procedemento de contratación do servizo de apertura e atención público nos centros da Rede Municipal de Museos ao detectarse que a experiencia profesional de dous anos requerida no prego puidera impedir a obrigada subrogación do persoal.

Audios

  • Luis Álvarez sobre as axudas para a rehabilitación | Descargar mp3
  • Luis Álvarez sobre a oposición municipal | Descargar mp3
  • Luis Álvarez sobre a aprobación das subvencións | Descargar mp3

Noticias relacionadas