Miguel Fernández recibiu a un grupo de cincuenta nenos e nenas, que se mostraron interesados pola democracia municipal

O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, recibiu este xoves no Salón de Plenos a un grupo de cincuenta nenos e nenas do colexio lucense Manuel Mallo, que viñan acompañados por 4 profesores.
Os cativos e cativas amosaron curiosidade polo funcionamento da institución, pola democracia municipal e por saber como se chega a formar parte da Corporación Municipal. Fernández, quen lles explicou aos rapaces e rapazas o seu traballo como edil, atendeu as peticións dos cativos, que suxeriron a creación de máis carrís bici, máis zonas verdes e máis parques infantís.
Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.