Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Visita escolar do centro educativo lucense Manuel Mallo á Casa Consistorial

Visita escolar do centro educativo lucense Manuel Mallo á Casa Consistorial

Miguel Fernández recibiu a un grupo de cincuenta nenos e nenas, que se mostraron interesados pola democracia municipal

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Medio rural
Xoves, 03 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Visita escolar do centro educativo lucense Manuel Mallo á Casa Consistorial

O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, recibiu este xoves no Salón de Plenos a un grupo de cincuenta nenos e nenas do colexio lucense Manuel Mallo, que viñan acompañados por 4 profesores.

Os cativos e cativas amosaron curiosidade polo funcionamento da institución, pola democracia municipal e por saber como se chega a formar parte da Corporación Municipal. Fernández, quen lles explicou aos rapaces e rapazas o seu traballo como edil, atendeu as peticións dos cativos, que suxeriron a creación de máis carrís bici, máis zonas verdes e máis parques infantís.

Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/visita-escolar-do-centro-educativo-lucense-manuel-mallo-casa-consistorial