A Tenencia de Alcaldía investiu máis de 21.000€ nas festas parroquiais de Lugo

A área de Cultura colabora coas distintas parroquias e barrios para que poidan contar con agrupacións de diferentes estilos nas súas festas

No que vai de 2025 colaborouse con 47 parroquias
Martes, 26 de agosto de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía investiu máis de 21.000€ nas festas parroquiais de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou a colaboración da Tenencia de Alcaldía coas distintas comisións de festas das distintas parroquias de Lugo. Ferreiro dixo que neste 2025 "colaboramos xa con 47 parroquias, chegando a 21.150€ investidos nas distintas festas". Ferreiro afirmou que as distintas comisións organizadoras contan "con grupos de música de todos os estilos, encargándonos desde a área de Cultura de pagar a agrupación, facilitando achegar a cultura ás parroquías e a todos os barrios da cidade".

A Área de Cultura aporta 450€ para a animación musical das distintas parroquias e barrios de Lugo. As solicitudes deben ser feitas ante a Área de Cultura por integrantes das diferentes comisións ou asociacións que organicen as festas. A área de Cultura achegará de un grupo de música, tras a correspondente avaliación da solicitude por parte dos servizos técnicos municipais.
 
O Goberno de Lugo apoia a todas as agrupacións musicais de Lugo, incluíndoa en todas as actividades culturais e organizando ciclos exclusivos para as agrupacións locais como o Muralleando.
 
Audio
  • Maite Ferreiro, sobre as festas parroquiais de Lugo | Descargar mp3

Multimedia

  • A Tenencia de Alcaldía investiu máis de 21.000€ nas festas parroquiais de Lugo

Noticias relacionadas