Restablecido o suministro de auga na Rúa Serra Gañidoira

Luns, 24 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos informa de que hoxe ás 11.30h a Brigada de Aguas do Concello de Lugo deixou reparada a avaría detectada na Rúa Serra Gañidoira e procedeu a restablecer o subministro de auga en dita zona.

Así mesmo, “Non se descarta ter que realizar un novo corte durante a xornada de hoxe debido a melloras na rede e que, en todo caso, sería por un breve espazo de tempo”, explicou Santos que aproveitou para desculparse e lamentar as molestias causadas aos veciños e veciñas que tiveron que pasar o día de onte sen auga nas suas casas.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre a avaría da Rúa Serra Gañidoira | Descargar mp3

Noticias relacionadas