Ana Prieto e Carmen Basadre recibiron este xoves ás persoas integrantes do Convenio Transfronterizo de Intercambio de Información Fiscal entre Portugal e España, que celebra a súa reunión anual estes días, por primeira vez, en Lugo

As concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, e Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua; Ana Prieto e Carmen Basadre, respectivamente, recibiron este xoves, no Salón de Plenos ás persoas integrantes do Convenio Transfronterizo de Intercambio de Información Fiscal entre Portugal e España, que celebra a súa reunión anual estes días, por primeira vez, en Lugo. En concreto asistiron representantes da Axencia Tributaria de Madrid, Castela e León e Galicia, e da Administración Tributaria Portuguesa, aos que as edís convidaron a descubrir o patrimonio do municipio.