Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Recepción no Concello a unha comitiva da Axencia Tributaria e da Administración Tributaria Portuguesa

Recepción no Concello a unha comitiva da Axencia Tributaria e da Administración Tributaria Portuguesa

Ana Prieto e Carmen Basadre recibiron este xoves ás persoas integrantes do Convenio Transfronterizo de Intercambio de Información Fiscal entre Portugal e España, que celebra a súa reunión anual estes días, por primeira vez, en Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Desenvolvemento local
Xoves, 05 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Recepción no Concello a unha comitiva da Axencia Tributaria e da Administración Tributaria Portuguesa

As concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, e Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua; Ana Prieto e Carmen Basadre, respectivamente, recibiron este xoves, no Salón de Plenos ás persoas integrantes do Convenio Transfronterizo de Intercambio de Información Fiscal entre Portugal e España, que celebra a súa reunión anual estes días, por primeira vez, en Lugo. En concreto asistiron representantes da Axencia Tributaria de Madrid, Castela e León e Galicia, e da Administración Tributaria Portuguesa, aos que as edís convidaron a descubrir o patrimonio do municipio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/recepcion-no-concello-unha-comitiva-da-axencia-tributaria-e-da-administracion-tributaria