Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

Felipe Rivas: “publicamos as solicitudes admitidas e as desestimadas por falta de documentación, que poderán achegala ata o 7 de maio”

As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios das escolas infantís, no taboleiro do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación

Luns, 26 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de solicitudes nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “vimos de publicar o listado de solicitudes que foron admitidas ou desestimadas por falta de documentación, que poderá ser achegada ata o 7 de maio”. A documentación poderá presentarse mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

Unha vez se peche o procedemento de achega de documentación, a Concellería de educación publicará as listaxes definitivas, e iniciará o procedemento de adxudicación de prazas. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobr as Escolas Infantís Municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas