Publicada a lista de nenas e nenos admitidos nos cursos de educación viaria que ofrece o Concello no verán

Pode consultarse no taboleiro de anuncios do PIT, na páxina web do Concello e na Xefatura de Tráfico

Venres, 29 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de publicar este venres a lista de nenas e nenos admitidos nos cursos de verán de educación viaria que organiza no Parque Infantil de Tráfico (PIT) a Concellería de Educación, que dirixe Manuel Núñez, xunto coa Dirección Xeral de Tráfico. Todas as persoas interesadas poden consultar a lista no taboleiro de anuncios do PIT, na páxina web do Concello www.lugo.gal e na Xefatura de Tráfico.

Trátase duns cursos, no que nesta edición participarán 105 cativos e cativas entre os 8 a 16 anos, que busca que os rapaces e rapazas adquiran condutas e comportamentos seguros, tanto como peóns como usuarios do transporte público e privado. Así mesmo aprenderán hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais, e a importancia da sinalización vertical e horizontal, dos semáforos e do uso do chaleco reflector, o casco ou o cinturón de seguridade, entre

Establécense 7 quendas en función da idade dos e das participantes. Tres turnos para nenos e nenas de 8 a 9 anos, dous deles do 9 ao 13 de xullo -un en xornada de mañá e un de tarde-, e outro do 16 ao 20 de xullo. Tamén existen dous turnos para os e as participantes de 10 e 11 anos, do 2 ao 6 de xullo, ofrecendo o Concello ben quenda de mañá ou de tarde; un penúltimo para os cativos e cativas de 12 a 14 anos, do 23 ao 27 de xullo, e un para os e as de 15 e 16 anos, do 16 ao 27 de xullo.

As actividades de mañá, terán lugar de 10:30 a 13:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 20:30 horas, e cada grupo, non superior a 15 alumnos, asitirá ao menos durante unha semana seguida, recibindo formación teórica e práctica. A clausura está programada para o 30 de xullo.

Máis información en www.lugo.gal ou no teléfono de atención cidadá 010.

Noticias relacionadas