Presentada no Concello a Semana do Emprendemento

Mércores, 16 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Presidentes da Fundación CEL, Luis García Santalla; da Cámara de Comercio, Eduardo Núñez Torrón, e da Asociación de Jóvenes Empresarios, Santiago Seijas, e a Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Pilar García Porto, presentou hoxe a Semana do Emprendemento.

Esta iniciativa, na que colabora tamén a Universidade, vaise celebrar do 21 ó 25 de marzo, organizada pola Rede Mercurio, da que forman parte entidades e institucións que promoven na nosa cidade a cultura emprendedora, segundo destacou o Alcalde quen explicou que o obxectivo da Semana “é fomentar vocacións empresariais en Lugo”.

O Presidente da Fundación CEL, pola súa parte, agradeceulle ó Concello “a invitación que fixo ás todas as institucións para colaborar nestas Xornadas”, das que dixo que serviran para que “os distintos emprendedores se reúnan para compartir as súas inquedanzas”. Tamén explicou que “os emprendedores xa consolidados compartirán as súas estratexias e o seu saber facer cos que están comezando”. Segundo García Santalla, “nun contexto económico tan difícil temos que ser proactivos para crear un tecido favorable ó emprendemento porque, ó final, o que estamos a facer todas as institucións que traballamos por Lugo é crear unha oportunidade para todos os lucenses”.

O Presidente da Cámara de Comercio falou da importancia da internacionalización das empresas da que dan idea os datos do ano 2010 no que, sen contar Alumina e o sector dos muíños de vento, as exportacións da provincia de Lugo medraron un 45,33% e o déficit comercial da provincia reduciuse nun 89,05%.

Programa

Luns 21 de marzo:

10.00 h. Almorzo de emprendedores “A produtividade no Social Media”. Juan Diego Gallego Seoane, cofundador de Small Wonders e A.B. Zeenla.

Sede AJE Lugo. Edificio sindicatos en Ronda Muralla.

Martes 22 de marzo:

12.00 h. Mesa redonda “Emprendendo en feminino”. Eva López, Directora de Woman-Emprende; Carmen Cerecedo, socia fundadora da empresa Neoker; Pilar García Porto, Vicepresidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo e María J. Prol Conde, socia fundadora de Galebook.

Facultade de ADE

Mércores 23 de marzo:

10.30 h. “A deputación de Lugo e o seu compromiso cos emprendedores da provincia”. Jose Rodríguez Coello, asesor de Presidencia da Deputación de Lugo.
11.15 h. “Emprender, marketing e social media”. Daniel Cerqueiro (Galinus, Taller de Novos Medios)

Salón de Actos da Deputación provincial de Lugo

Xoves 24 de marzo:

11.00 h. “Tes motivos para exportar” coa participación de catro empresas da provincia de Lugo.

Edificio FORCAM-Rúa Cantigas e Frores, 31

Venres 25 de marzo:

10.00 h recepción asistentes Xornada “A Unión pola Innovación. Estratexia Estatal de Innovación: novidades en 2011”.
10.30 h. “A unión pola Innovación”, José Luis Pérez Salinas, Subdirector General de Transferencia y Valorización del Conocimiento. Secretaría General de Innovación. 12.00 h. Presentación de resultados Proxecto INCUBA T.NET. Acordo de constitución da Rede de Incubadoras de Empresas Tecnolóxicas e Innovadoras.
12.45 h Clausura da Semana do Emprendemento.

Salón de Actos do CEI-Nodus

cei.lugo.es

Multimedia

Noticias relacionadas