A Praza Maior loce un lazo rosa de flores no Día Internacional contra o Cancro de Mama

A Alcaldesa e membros da Corporación participaron este mércores nos actos conmemorativos sobre esta doenza, que ten unha inicidencia en España de máis de 26.500 casos

Mércores, 19 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Maior loce un lazo rosa de flores no Día Internacional contra o cancro de mama

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, participaron este mércores na Praza Maior, diante da Casa Cosnistorial, nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC), coa que colabora o Concello, e o grupo El Progreso.

A rexedora, quen agradeceu o traballo que leva facendo durante 63 anos a Asociación Española Contra o Cancro, destacou a incidencia do cancro de mama, con máis de 26.500 casos en España. Nesta liña subliñou a importancia de concienciación da sociedade deste tipo de doenza de gran impacto social, posto que unha de cada 8 mulleres padecerá a enfermidade ao longo da súa vida. Así mesmo quixo amosar o apoio do Concello a todas as mulleres que padecen cancro, e as súas familias e amigos.

A Alcaldesa e os edís colaboraron na construcción dun grande lazo composto por plantas cunha maceta de cor rosa, símbolo de loita contra esta enfermidade. Previamente, tivo lugar a lectura dun manifesto, a cargo de Tatiana Teijeiro, doente deste cancro, quen reivindicou melloras no diagnóstico e tratamento da sanidade pública.

O Concello tamén se sumou aos actos destes día coa colaboración dun gran lazo rosa no balcón da Casa Consistorial

Multimedia

Noticias relacionadas