A alcaldesa de Lugo presidiu esta mañá a presentación das XXXVIII Xornadas Penitenciarias Lucenses, acompañada por Elvira Fernández, presidenta da Asociación Concepción Arenal; José Manuel Pernás, director do cárcere de Bonxe; e Félix Rodríguez, director do cárcere de Monterroso.
As xornadas, que se celebrarán do 28 ao 30 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo, abordarán temas clave como a discriminación por razón de sexo e a identidade de xénero no ámbito penitenciario.
A rexedora destacou o traballo da Asociación Concepción Arenal, subliñando que o seu compromiso "fai posible que Lugo se convirta nun referente na defensa dos dereitos das persoas en situación de vulnerabilidade."

O Concello de Lugo acolleu hoxe a presentación das XXXVIII Xornadas Penitenciarias Lucenses, un evento de longa tradición na cidade, organizado pola Asociación Concepción Arenal. A rexedora de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu o acto, acompañada por Elvira Fernández, presidenta da asociación, Ana Traseira, directora da UNED en Lugo, José Manuel Pernás, director do cárcere de Bonxe, e Félix Rodríguez, director do cárcere de Monterroso.
Durante a súa intervención, Alvarellos subliñou a importancia destas xornadas, que abordarán temas cruciais para a igualdade de dereitos das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade, destacando que "a igualdade de xénero no ámbito penitenciario é unha cuestión de xustiza social que nos permitirá construír unha sociedade máis equitativa e inclusiva".
As xornadas, que se celebrarán do 28 ao 30 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo, terán como tema central a discriminación por razón de sexo e identidade de xénero no ámbito penitenciario. Entre os ponentes destacan Tasia Aránguez Sánchez, profesora de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada, e Ángeles Álvarez, ex-deputada e activista feminista. Ademais, o evento incluirá a entrega das Medallas Concepción Arenal.
A rexedora tamén quixo poñer en valor o traballo da Asociación Concepción Arenal, recoñecendo que "o seu compromiso fai posible que Lugo se convirta nun referente na defensa dos dereitos das persoas en situación de vulnerabilidade," e agradeceu o esforzo continuado que realiza a entidade para poñer sobre a mesa temas tan relevantes para a sociedade.
O programa das xornadas abordará cuestións como a discriminación por razón de sexo e a igualdade de xénero no ámbito penitenciario. Celebraranse no Salón de Actos da Deputación de Lugo os días 28, 29 e 30 de outubro, a partir das 19:00 horas. Cunha duración total de seis horas, a actividade será de acceso libre, tanto de forma presencial como en liña a través da canle de YouTube da Fundación TIC. As persoas interesadas poden inscribirse previamente na seguinte ligazón: https://extension.uned.es/actividad/39653.



