Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

A alcaldesa asegura que “Lugo necesita destes colectivos, que tantas reivindicacións fixeron e que agora están a loitar por un municipio mellor, máis moderno e sostible”.

Martes, 15 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na presentación da vixésimo segunda edición do Día do Veciño, que se celebra este domingo no Pazo de Feiras e Congresos, coa organización da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e a colaboración do Concello de Lugo, entre outras administracións. A rexedora municipal felicitou ás persoas e colectivos que serán distinguidos coa “V” de Veciño Exemplar, e destacou o “importante labor reivindicativo e a forza social do movemento asociativo lucense”. Ademais, sinalou que “Lugo necesita destes colectivos, que tantas reivindicacións fixeron e que agora están a loitar por un municipio mellor, máis moderno, dinámico e sostible”.

A alcaldesa explicou ademais que “desde o Goberno local compartimos moitas desas reivindicacións que finalmente acadaron grandes avances: a modernización do transporte ferroviario, a mellora da conectividade no medio rural ou o servicio de 24 horas de Hemodinámica; agora tamén nos sumamos á campaña de rexeitamento da planta de Biometano de Coeses”. Para a rexedora lucense estas asociacións recollen “o sentir e a opinión de milleiros de veciños e veciñas, ás que as administración temos a obriga de escoitar; coas que debemos dialogar e chegar ao consenso, sempre co obxectivo común do interese de Lugo”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño
  • Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

Noticias relacionadas