Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

A alcaldesa asegura que “Lugo necesita destes colectivos, que tantas reivindicacións fixeron e que agora están a loitar por un municipio mellor, máis moderno e sostible”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Igualdade,
    • Inclusión
Martes, 15 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos destaca “a forza social do movemento asociativo lucense” na presentación da vixésimo segunda edición do día do veciño

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na presentación da vixésimo segunda edición do Día do Veciño, que se celebra este domingo no Pazo de Feiras e Congresos, coa organización da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e a colaboración do Concello de Lugo, entre outras administracións. A rexedora municipal felicitou ás persoas e colectivos que serán distinguidos coa “V” de Veciño Exemplar, e destacou o “importante labor reivindicativo e a forza social do movemento asociativo lucense”. Ademais, sinalou que “Lugo necesita destes colectivos, que tantas reivindicacións fixeron e que agora están a loitar por un municipio mellor, máis moderno, dinámico e sostible”.

A alcaldesa explicou ademais que “desde o Goberno local compartimos moitas desas reivindicacións que finalmente acadaron grandes avances: a modernización do transporte ferroviario, a mellora da conectividade no medio rural ou o servicio de 24 horas de Hemodinámica; agora tamén nos sumamos á campaña de rexeitamento da planta de Biometano de Coeses”. Para a rexedora lucense estas asociacións recollen “o sentir e a opinión de milleiros de veciños e veciñas, ás que as administración temos a obriga de escoitar; coas que debemos dialogar e chegar ao consenso, sempre co obxectivo común do interese de Lugo”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-destaca-forza-social-do-movemento-asociativo-lucense-na-presentacion-da