É unha proposta que busca reforzar a autoestima das mulleres e nutrir a súa confianza, empatía, afectividade e cooperación necesarias para seguir tecendo redes entre elas como ferramenta na prevención da violencia de xénero
Terá lugar en dúas sesións, nas que se empregará a metodoloxía da Biodanza SRT: o mercóres 10 de abril, das 17:30 ás 19:30 horas e o 24 de abril, das 18:30 ás 20:30 horas, nas instalacións municipais do centro de convivencia
As interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Muller, no teléfono 982297412 ou no mail cmuller@concellodelugo.org. Tamén a través de biodanza.cheadevida@tutamail.com

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana Abelleira, promove, a través da Casa da Muller, o obradoiro Danzando a sororidade, unha proposta que busca reforzar a autoestima das mulleres e nutrir a súa confianza, empatía, afectividade e cooperación necesarias para seguir tecendo redes entre mulleres como ferramenta na prevención da violencia de xénero.
Terá lugar en dúas sesións, nas que se empregará a metodoloxía da Biodanza SRT, unha ferramenta para a promoción da saúde e o desenvolvemento integral das potencialidades das participantes. Concretamente será o mercóres 10 de abril, das 17:30 ás 19:30 horas e o 24 de abril, das 18:30 ás 20:30 horas, no Centro de Convivencia de Maruja Mallo. A psicóloga Mari Fidalgo será a encargada de impartir os talleres, nos que se usará a música e o movemento para, a través de exercicios individuais, por parellas e en grupo, favorcer a expresión de emocións, regular as funcións orgánicas e despertar sensacións de benestar, vitalidade, serenidade e vinculación.
Para participar non é necesario saber danzar e é apto para mulleres adultas de calquera idade e condición física. Só é preciso levar roupa cómoda, peugas antideslizantes, un coxín pequeno, unha botella de auga, e o máis improante: ganas de gozar dun esapzo coidado de expresión de nutrición. As mulleres interesadas en participar poden inscribirse xa na Casa da Muller, no Parque da MIlagrosa, no teléfono 982297412 ou no mail cmuller@concellodelugo.org. Tamén a través de biodanza.cheadevida@tutamail.com
Esta actividade enmárcase dentro dos programas e do proxecto que se leva a cabo dende o Concello con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
Audio
- A edil Ana Abelleira, sobre o obradoiro Danzando a sororidade | Descargar mp3