O Vello Cárcere acolle o programa piloto Residencias Paraíso para impulsar as danzas contemporáneas

Lugo súmase a esta iniciativa no seu primeiro ano de vida, para fomentar a aparición de novos proxectos de creación, a través de residencias artísticas, entendidas como un espazo e tempo dedicado á investigación

As primeiras artistas en residencia no Vello Cárcere deste programa serán Areta Bolado e Ailen Kendelman, co proxecto Barba Inguinal, unha iniciativa de reggaetón feminista interseccional

Luns, 30 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle o programa piloto Residencias Paraíso para impulsar as danzas contemporáneas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este luns que o Concello de Lugo vén de sumarse ao programa piloto de residencias para as artes do movementeo en Galicia, que leva por nome Residencias Paraíso. Trátase dunha iniciativa que nace entre o colectivo RPM, entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e a Axencia Galega das Ingustrias Culturais, que fixeron posible a apertura, no mes de agosto, dunha convocatoria pública a arsitas para a realización de dito programación de impulso á danza en Galicia con vocación de permanencia.

O Concello de Lugo será cómplice neste primeiro ano de vida do programa, xunto ás entidades locais da Coruña, Narón, Ourense e Carballo. Estas residencias contan cunha bolsa económica de entre 1.500 e 2.500 euros por proxecto.

Carmen Basadre, quen se achegou ao Vello Cárcere con dous representantes de RPM e dúas das artistas en residencia nestas instalacións, amosou a súa satisfacción de que Lugo acolla este tipo de proxectos de investigacións de artistas.

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación e impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus períodos de creación, entendendo por residencia artística un espazo e un tempo dedicado á investigación ou creación, e polo tanto, sen obrigatoriedade de elaboración dun produto escénico concluído.

As primeiras artistas en residencia

As primeiras artistas en residencia no Vello Cárcere serán, do 30 de outubro ao 19 de novembro, a actriz en televisión e teatro e premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria no 2015, Areta Bolado, e a actriz en teatro e cine, nomeada a mellor música orixinal nos María Casares 2015, Ailen Kendelman, co proxecto Barba Inguinal, unha iniciativa de reggaetón feminista interseccional.

Posteriormente, en residencia do 6 ao 26 de novembro, estará Estela Lloves, creadora de 13 pezas para escena, que se presentaron en España, Brasil, Alemaña e Portugal, co proxecto Sempreviva, no que tenta converter nun canto en presente continuo a vontade de vivir e facer así desaparecer o tempo.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as danzas contemporáneas | Descargar mp3

Noticias relacionadas