O Proxecto Parque contará co seu propio portal Web

Venres, 09 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, reuniuse esta mañá no Centro de Empresas e Innovación cos representantes dos socios do Concello de Lugo no Proxecto Parque.

Na xuntanza, ademais de expoñer o estado no que se encontran os proxectos de todos os socios, acadouse o acordo de crear un portal WEB do Proxecto Parque. Neste espazo terán cabiada as accións formativas que poidan interesar a todos os socios e que se impartirán gracias á teleformación.

Nesta páxina Web os socios atoparán tamén publicados os estudos realizados por Caixa Nova como os que tratan sobre Medio Ambiente ou sobre as necesidades formativas en materia das TICS.

O Proxecto Parque, é un proxecto financiado pola Dirección General de Fondos Comunitarios no marco do programa INTERREG III A España-Portugal, concedido a medio de Resolución de data 29 de decembro de 2005, con entrada no Rexistro Xeral do Concello de lugo o 9 de xaneiro de 2006. O importe da subvención FEDER é de 2.138.348,28 €.

O Concello de Lugo é Xefe de Fila, o resto dos socios son: a Universidade de Santiago de Compostela, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Fundación Caixanova, o Parque Tecnolóxico de Galicia S.A, a Deputación Provincial da Coruña, o Concelho de Chaves e a Câmara Municipal de Bragança.

Noticias relacionadas