O Goberno local reúnese co tecido asociativo para abordar o funcionamento do Consello Municipal de Persoas Maiores

A responsable da concellería de Benestar Social, Olga López Racamonde, aproveutou a xuntanza para recoller as impresións dos colectivos.

Este novo organo, cuxo desenvolvemento atópase na súa fase final, ten por obxectivo ampliar a participación activa e a integración do colectivo na vida municipal.

Xoves, 08 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local reúnese co tecido asociativo para abordar o funcionamento do Consello Municipal de Persoas Maiores

A responsable da concellería de Benestar Social, Olga López Racamonde, reuniuse esta mañá co tecido social da cidade para abordar o funcionamento do futuro Consello Municipal de Persoas Maiores. Este novo órgano, cuxo desenvolvemento atópase na súa fase final, ten por obxectivo ampliar a participación activa e a integración do colectivo na vida municipal, en prol de acadar un maior nivel de benestar para o conxunto da sociedade.

A edila, que aproveitou a xuntanza para recoller as impresións dos colectivos, fixo fincapé en que “este sector, que constitúe unha parte moi importante da poboación, ten unha consideración específica dentro da propia configuración dos Servizos Sociais, polo que, co ánimo de fomentar a súa autonomía e favorecer a súa inclusión real en todos os ámbitos, entendemos non só útil senón tamén necesaria a constitución deste novo ente no que terán representación os distintos estamentos da cidade para atender e escoitar as súas necesidades e demandas específicas”, avanzou López Racamonde.

Así mesmo, a concelleira subliñou que, entre outros aspectos, a entrada en funcionamento deste novo Consello Municipal das Persoas Maiores contribuirá a potenciar a coordinación entre as institucións e entidades asentadas no termo municipal, promovendo a realización de estudos e investigacións relevantes para este grupo da poboación ou calquera outra acción que se derive da súa propia dinámica social.

Noticias relacionadas